Boletín 2 LIFE EcoTimberCell dispoñible

Compartir con

Publicamos o noso segundo boletín do proxecto LIFE EcoTimberCell tanto en castelán, inglés, galego e catalán. Está dispoñible para descargar no apartado de recursos da nosa páxina web.

Boletín 2 LIFE EcoTimberCell dispoñible

O segundo boletín LIFE EcoTimberCell está dedicado ás primeiras accións do proxecto:

  • Caracterización da madeira local
  • Caracterización do taboleiro de Betanzos HB que forma parte da célula EcoTimberCell
  • Traballos de reacción ao lume e parámetros de aplicación de adhesivos estruturais

Tamén incorpora as noticias sucedidas durante o proxecto.

Resumímosvos aquí o que podedes atopar en cada capítulo do boletín:

Caracterización da madeira local:

A variabilidade nas propiedades da madeira en diferentes especies forestais fai que a clasificación baixo parámetros de resistencia, rixidez e densidade sexa complexa, en LIFE EcoTimberCell abordamos esta problemática. No boletín resaltamos que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveu un proceso de caracterización da madeira que en primeiro lugar ten en conta as singularidades do material a través dunha clasificación visual (normas UNE 56544 e UN 56546) e as propiedades mecánicas de forma independente, coa realización de ensaios experimentais aplicando metodoloxías non destrutivas e destrutivas. Na que empregaron as clases resistentes normalizadas a nivel europeo definidas na norma EN338.

Boletín 2 LIFE EcoTimberCell dispoñible
Boletín 2 LIFE EcoTimberCell dispoñible

Caracterización do taboleiro de Betanzos HB

Describimos como caracterizamos os taboleiros de fibras duros de Betanzos HB, socio do proxecto, a través de diferentes ensaios para obter as súas propiedades de rixidez e o valor característico das súas propiedades resistentes. Este traballo realizado pola USC xunto coa propia Betanzos HB. Obtendo como resultado unha serie de posibilidades de mellora do taboleiro para implementar en futuras accións do proxecto. Esta caracterización dos taboleiros realizouse segundo a Norma UNE EN 789.

Boletín 2 LIFE EcoTimberCell dispoñible

Traballos de reacción ao lume e parámetros de aplicación de adhesivos estruturais.

As prestacións de reacción ao lume son un aspecto crave en calquera elemento

construtivo. Ditas prestacións defínense segundo dous ensaios normativos: inflamabilidade e exposición a obxecto ardendo. No boletín o Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira de Asturias (CETEMAS) en colaboración con Betanzos HB detalla os traballos realizados e as conclusións obtidas no proxecto. Do mesmo xeito recóllense os traballos de caracterización do adhesivo ecolóxico de lignina no proxecto LIFE EcoTimberCell.

Boletín 2 LIFE EcoTimberCell dispoñible

Os ensaios de caracterización foron realizados polo laboratorio da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE) da USC e os de reacción ao lume e parámetros de aplicación de adhesivos estruturais a través de CETEMAS

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.