Colaboración entre LIFE EcoTimberCell e LIFE SUPERHERO/ LIFE Herotile

Compartir con

Reunión de intercambio entre LIFE EcoTimberCell e os proxectos LIFE Herotile e LIFE SUPERHERO para explorar o posible uso das tellas HEROTILE nas maquetas demostrativas de LIFE EcoTimberCell.

Colaboración entre LIFE EcoTimberCell e LIFE SUPERHERO/ LIFE Herotile

O proxecto LIFE SUPERHERO promove o concepto innovador de refrixeración pasiva dos edificios e pretende difundir o uso das cubertas ventiladas e permeables e da cuberta baseada en HEROTILE, desenvoltas nun proxecto LIFE previo, LIFE Herotile, nos edificios existentes e de nova planta.

As posibilidades de mostrar os produtos conxuntos de EcoTimberCell e LIFE Herotile/ LIFE Superhero interesou a todos os participantes destas iniciativas, de modo que se demostre a aplicación de solucións eficientes e novas de mitigación ao cambio climático na construción na Unión Europea, un sector cun impacto moi elevado no nivel de emisións de CO2 no mundo. Ademais, estes produtos xa están no mercado polo que será un escaparate para os mesmos.

Na reunión, na que participaron representantes do Centro Cerámico de Italia (Centro de investigación e experimentación da industria cerámica - https://www.centroceramico.it/#) e a Industrie Cotto Possagno (fabricante da cuberta Herotile - https://www.cottopossagno.com/), se establecío a colaboración entre proxectos, pola que desde LIFE Herotile e Superhero enviarán mostras da cuberta Herotile para demostrar o desempeño conxunto dos produtos EcoTimberCell e Herotile.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.