Dispoñibles as conclusións dos webinars: "Caracterización da madeira estrutural"

Compartir con

A caracterización da madeira estrutural foi o terceiro tema elixido para os webinarios Ecotimbercell.

Dispoñibles as conclusións dos webinars: "Caracterización da madeira estrutural"

O pasado 26 de maio, Begoña Jiménez, da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE), foi a encargada de abrir a xornada coa presentación da Guía de caracterización da madeira estrutural elaborada no proxecto LIFE. A continuación, Martina Fernández da Unidade Mixta de Investigación, Economía circular da madeira para unha construción baixo-enerxética (na que participan a empresa madeireira FINSA e a Universidade de Santiago de Compostela a través de PEMADE), falou sobre a clasificación visual da madeira.

O 2 de xuño continuamos falando dos métodos de clasificación non destrutivos con Raquel Gonçalves, da Universidade Estadual de Campinas UNICAMP de Brasil, e dos métodos destrutivos con María Portela, de PEMADE.

Dispoñibles as conclusións dos webinars: "Caracterización da madeira estrutural"

No apartado Recursos podes consultar o documento no que se recollen as conclusións das xornadas e as presentacións dos relatores.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.