EcoTimberCell nunha obra en Galicia
O pasado luns 20 de setembro LIFE EcoTimberCell asistiu a unha obra en Ribadavia da man do estudo MOL Arquitectura, proyectistas e directores da mesma, na que se colocou o primeiro demostrativo real de proxecto de células dobres EcoTimberCell (ETC).

Trátase do forxado da adega dunha vivenda unifamiliar que se ha resolvido con vigas dobres con illamento e con acabado en lasur branco.
Esta experiencia supón outro paso firme do proxecto LIFE EcoTimberCell cara á comercialización dos produtos e sistemas estruturais ETC de madeira que se están desenvolvendo.
