Guía para licenciar tecnoloxías ambientais. Modelo de estudo: EcoTimberCell
No marco do proxecto LIFE EcoTimberCell, elaboramos unha guía de consulta que pretende servir de axuda a aquelas persoas que pretendan licenciar unha tecnoloxía.
Para a redacción desta Guía para licenciar tecnoloxías ambientais seguimos como caso de estudo a tecnoloxía EcoTimberCell, tecnoloxía #desenvolver no proxecto LIFE EcoTimberCell no que se desenvolven sistemas estruturais celulares ecolóxicos en base madeira.

No documento, considerando a valoración económica da tecnoloxía EcoTimberCell e o plan de negocio desenvolvido para a saída no mercado dunha empresa comercializadora dos produtos e sistemas desenvolvidos, incluímos a análise de como establecer o marco legal para executar as licenzas da tecnoloxía EcoTimberCell, así como as negociacións e acordos necesarios de alcanzar con entidades interesadas nos sistemas EcoTimberCell. Desta maneira, a través do caso de estudo, presentamos esta guía para apoiar a outros proxectos na licenza de tecnoloxías ambientais.

Consulta a Guía para licenciar tecnoloxías ambientais nos apartado Recursos da web.