LIFE EcoTimberCell en Si Radio

Compartir con

Begoña Jiménez de Pemade, xunto con Juanjo Otero de Mol Arquitectura e Marcos Vázquez de Construcións Conegal, presentaron en Si Radio a primeira vivenda unifamiliar construída con vigas ecolóxicas deseñadas no proxecto LIFE EcoTimberCell.

LIFE EcoTimberCell en Si Radio

Na entrevista Begoña destacou que para a fabricación destas estruturas emprégase madeira local de xestión forestal sostible certificada. En canto ás estruturas utilizadas nesta construción explicou que se trata dunhas vigas de madeira ocas que permiten meter illamento térmico e acústico no interior, utilizando menos madeira que as vigas tradicionais.

LIFE EcoTimberCell en Si Radio

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.