LIFE EcoTimberCell entre os finalistas ao concurso de Ecodiseño de Conama 2020
LIFE EcoTimberCell foi seleccionado entre os 8 proxectos finalistas ao concurso de Ecodiseño do Congreso Nacional do Medio Ambiente, Conama 2020.

Trátase da terceira edición destes premios, cuxo obxectivo é dar visibilidade a aqueles produtos, servizos e modelos de negocio innovadores que apostan por reducir o impacto ambiental no seu ciclo de vida.
O comité técnico de Ecodiseño do Conama 2020, seleccionou oito proxectos finalistas que se presentarán ante un xurado de expertos durante o congreso e que se valorarán segundo a súa capacidade innovadora, a redución do impacto ambiental, o uso e os resultados alcanzados. Desta avaliación resultará un premio do xurado e un premio do público.

LIFE EcoTimberCell expoñerá ante o xurado a súa contribución na mitigación do cambio climático a través da creación dos sistemas construtivos EcoTimberCell, baixos en carbono. Estes elementos construtivos supoñen unha fixación de Carbono a longo prazo con materiais sostibles. O emprego destes produtos supón unha substitución doutros derivados da Industria de Uso Intensivo de Enerxía, tales como o formigón e o aceiro na edificación.

Outro aspecto a destacar é que o proxecto promociona a xestión forestal sostible, xa que os sistemas ETC teñen como base madeira local certificada dos montes do Noroeste da Península Ibérica.
Podes consultar mais infomación achega dos candidatos en: