O proxecto LIFE EcoTimberCell en Galicia esRadio

Compartir con

Natalia Hermida, responsable de produto de Cándido Hermida falou do proxecto LIFE EcoTimberCell en Galicia esRadio.

A emisora dedica esta semana á madeira. Por este motivo, Natalia Hermida participou nun faladoiro do programa É a tarde en Galicia, na que presentou a Spin- off TimberSoul e o proxecto EcoTimbercell.

O proxecto LIFE EcoTimberCell en Galicia esRadio

Durante a entrevista destacou as singularidades dos sistemas estruturais EcoTimberCell, indicando que se trata de produtos estruturais alixeirados que buscan a máxima eficacia estrutural empregando a menor cantidade posible de madeira.

Imos apostar pola construción modular en madeira, foi unha das frases destacadas da súa intervención. Proximamente vaise a constituír TimberSoul by Cándido Hermida que será unha oficina técnica implicada en todo o proceso construtivo con estruturas de madeira e os sistemas  EcoTimberCell.

O proxecto LIFE EcoTimberCell en Galicia esRadio

Outro dos aspectos ao que deu importancia foi que a construción modular para vivendas unifamiliares verase favorecida polo alixeiramento que supón o uso destes materiais. Estes sistemas permiten colocar illamento térmico e acústico no seu interior, o que reduce os espesores totais da envolvente e, por suposto, os residuos derivados da construción.

Se te perdiches a entrevista, podes escoitala na seguinte ligazón:

https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2021-11-10/es-la-tarde-en-galicia-9-de-noviembre-de-2021-6835988.html

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.