O próximo 13 de outubro retomamos os webinarios falando de madeira e mitigación do cambio climático

Compartir con

O vindeiro mércores 13 de outubro retomamos os webinarios EcoTimbercell. Nesta ocasión falaremos sobre a madeira e o seu papel na mitigación do cambio climático.

O próximo 13 de outubro retomamos os webinarios falando de madeira e mitigación do cambio climático

Comezamos co segundo bloque, Madeira e mitigación do cambio climático, da serie de webinarios organizados no marco do proxecto LIFE EcoTimberCell. Esperámosche os mércores das 3 próximas semanas, de 17:00 h a 18:30h.

Nesta primeira sesión contamos coa presenza de Fernando Sanz, de CIS Madeira, que falará de madeira e benestar. Seguiralle Manuel Lobo, de FINSA, cuxa exposición se centrará no aforro enerxético con madeira. E pechará a sesión Luís Saúl Esteban, do proxecto LIFE Enerbioscrub, cun relatorio sobre os avances en sistemas de colleita mecanizada de masas arbustivas e plantacións leñosas de quenda curta.

Como sempre, ao final da xornada, haberá tempo para aclarar as dúbidas dos asistentes e debater sobre os temas tratados.

Para participar nas xornadas en liña é necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://forms.gle/kyZDdLsgjr5Fvud26

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.