EcoTimberCell na Xornada de Innovación para a cidadanía: 3 Retos RIS3

Compartir con

A Canteira de Innovación e Materiais de Galicia non podía faltar ao gran evento RetosRIS3 que se celebrou en Marín.

No stand dos produtos innovadores, EcoTimberCell estivo presente entre a completa selección de novos materiais creados na contorna rural galega, que ademais representan solucións innovadoras e sostibles a retos de carácter global.

A Axencia Galega de Innovación propuxo un conxunto de actuacións participativas abertas a toda a sociedade, co fin de dar a coñecer a nova RIS 3 de Galicia e implicar á cidadanía nesta aposta pola innovación. Cada unha das actividades lúdicas ofrecidas está relacionada conceptualmente con algún dos tres grandes retos que marcan o futuro de Galicia.

O evento, estivo conducido pola escritora e xornalista da CRTVG, María Solar, contará coa participación de importantes deportistas como Desirée Vila, Tamara Echegoyen e Irene Trabazo.

Participando tanto Betanzos HB, socia do proxecto LIFE EcoTimberCell como a nova spinoff da USC TimberSoul by Cándido Hermida.

 

EcoTimberCell na Xornada de Innovación para a cidadanía: 3 Retos RIS3

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.