Dúas iniciativas de Andalucía aprovéitanse dos desenvolvementos de EcoTimberCell

Compartir con

O grupo de investigación UIMA (Unidade de Investigación da Madeira Estrutural de Andalucía) da Universidade de Granada, desenvolve na actualidade dous proxectos de investigación en paralelo, nos que se analiza a incorporación de madeira local andaluza de chopo e piñeiro laricio ás vigas caixón ou células EcoTimberCell.

Igualmente avalíase incorporar LVL (microlaminado) ou laminado mixto chopo-piñeiro nas ás das vigas ETC para conseguir un maior aproveitamento do tronco.

En concreto, o proxecto ECO_LVL, financiado pola Fundación BBVA – Bolsa Leonardo 2022 e dirixido polo investigador Francisco Rescalvo, investiga a viabilidade e o comportamento de novos paneis de madeira microlaminada estrutural (EcoLVL) 100% ecolóxica feita de chapa de chopo e adhesivo biolóxico e libre de formaldehidos procedente de lignina, desenvolto en colaboración co socio do proxecto LIFE EcoTimberCell, Betanzos HB, para esta aplicación en concreto.

Dúas iniciativas de Andalucía aprovéitanse dos desenvolvementos de EcoTimberCell

Preténdese establecer un procedemento optimizado de elaboración do novo produto e avaliar o seu comportamento mecánico mediante ensaios de laboratorio, co obxectivo de contribuír a unha construción máis sostible, menos tóxica e con máis capacidade de reciclaxe. Como aplicación práctica do novo produto, investígase incluír este LVL nas vigas ocas caixón ETC pero con ás de EcoLVL, complementarias ás vigas ETC feitas con ás de madeira aserrada desenvolvidas por PEMADE, coordinador do proxecto LIFE EcoTimberCell.

Dúas iniciativas de Andalucía aprovéitanse dos desenvolvementos de EcoTimberCell

Doutra banda, o proxecto LamBox, financiado pola Junta de Andalucía e dirixido polo Dr. Roberto Palma investiga mediante simulación numérica e ensaios de laboratorio as propiedades mecánicas e de fabricación de células EcoTimberCell feitas con ás de madeira laminada, composta de dúas especies abundantes en Andalucía; piñeiro laricio, con altas prestacións mecánicas para as capas exteriores, e chopo, de baixa densidade e módulo de elasticidade para as capas interiores do caixón. Desta forma conséguese optimizar o recurso, a través de vigas e caixóns ocos como alternativa á madeira masiva e alixeirar o produto, mediante a incorporación do chopo como especie de baixa densidade.

Dúas iniciativas de Andalucía aprovéitanse dos desenvolvementos de EcoTimberCell

A incorporación de madeira local andaluza e laminados estruturais ás células ETC abren novas vías á transferibilidad do proxecto LIFE EcoTimberCell e a súa validación empregando diferentes especies forestais e optimizando o consumo de madeira.

Dúas iniciativas de Andalucía aprovéitanse dos desenvolvementos de EcoTimberCell

Proxectos innovadores involucrados:

ECO_LVL. Eco-madeira microlaminada de chopo con bioadhesivo para construción baixa en carbono (LEO22-2-2941). Proxecto realizado coa Bolsa Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais 2022 da Fundación BBVA. IP: Francisco J Rescalvo.

Dúas iniciativas de Andalucía aprovéitanse dos desenvolvementos de EcoTimberCell

LAMBOX. Vigas e forxados caixón de madeira laminada alixeirada de orixe andaluza (C-ING-068-UGR23).  Plan Propio de Investigación e Transferencia da Universidade de Granada. IP: Roberto Palma.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.