LIFE EcoTimberCell difunde o seu proxecto, obxectivos e resultados fóra de Galicia
A participación en CONAMA 2020 permitiu, ademais da participación no Concurso de ecodiseño e das actividades organizadas do Congreso, o contacto e a interlocución con outros proxectos LIFE e Horizon2020, que traballan, desde diferentes disciplinas e formulacións, como o LIFE EcoTimberCell pola mitigación do cambio climático.
O LIFE Recypack promove unha economía circular dos envases de plástico comerciais en contornas urbanas, o LIFE AMIA a reutilización das augas residuais para uso agrícola e recarga de acuíferos, LIFE CO2 IntBio a redución de emisións de CO2 por integración industrial e creación de novas cadeas de valor e un novo produto (“CO2 verde”), LIFe REMoPaF a recuperación do molusco Patella Ferruginea en perigo de extinción mediante substratos artificiais inertes móbiles, entre outros.

Tralo recoñecemento do proxecto polo ecodiseño dos produtos e sistemas EcoTimberCell, o proxecto LIFE EcoTimberCell participou no programa Hoy por Hoy de Radio Lugo resaltando o obxectivo de reducir os efectos do cambio climático incidindo tanto no sector da construción como no sector forestal de Galicia grazas ao desenvolvemento de sistemas estruturais celulares ecolóxicos que promoven o uso da madeira como elemento estrutural e, en concreto, madeira de km.0 e a súa xestión forestal sostible. É posible acceder á entrevista a través da páxina de Radio Lugo, no arquivo do xoves 3 de xuño de 2021: