PEMADE mostra os sistemas ETC ás empresas Maderas Hermanos Castro e ENPEZAS

Compartir con

A pasada semana, PEMADE visitou as empresas Maderas Hermanos Castro e ENPEZAS para presentarlles os sistemas estruturais EcoTimberCell, desenvolvidos no proxecto LIFE EcoTimberCell, en busca de aliados dispostos a incorporar esta innovadora proposta nas súas liñas de produción.

PEMADE mostra os sistemas ETC ás empresas Maderas Hermanos Castro e ENPEZAS

Estes sistemas construtivos, elaborados con madeira local procedente de xestión forestal sostible, non só minimizan o uso de recursos forestais, senón que tamén substitúen a materiais tradicionais como o formigón e o aceiro, contribuíndo así a reducir notablemente a pegada de carbono nun sector de alto impacto ambiental.

Durante as visitas, destacouse o potencial destes sistemas de madeira para transformar a industria da construción, ofrecendo unha solución innovadora e respectuosa co medio ambiente. Ambas empresas mostráronse moi interesadas nas vantaxes e beneficios que esta tecnoloxía ofrece, subliñando a importancia crucial de adoptar prácticas construtivas máis respectuosas co planeta.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.