Reunión de socios do proxecto LIFE EcoTimberCell : Avances destacados no Plan After LIFE
Os socios do proxecto LIFE EcoTimberCell reuníronse esta semana para facer un repaso das accións levadas a cabo no plan After LIFE, destacando un enfoque continuo na promoción e desenvolvemento de solucións sostibles na industria da construción con madeira.
Durante a reunión, os técnicos do proxecto resaltaron os esforzos conxuntos para reactivar a produción dos sistemas estruturais EcoTimberCell. Estes esforzos inclúen a realización de visitas a industriais da madeira. Ademais, se esta traballando na transferencia de coñecemento para o desenvolvemento de produtos similares, a creación de empresas spin-off universitarias e a integración de resultados con outros proxectos e entidades afíns.
Así mesmo, destacouse o compromiso continuo de Betanzos HB coa mellora das prestacións do seu taboleiro TABLEX, así como os avances significativos na obtención da marcado CE para novos produtos de madeira laminada e contralaminada, obtendo xa os ETAs (Avaliación Técnica Europea) e atopándose en desenvolvemento novos EAD (Documento de Avaliación Europeo).
A reunión tamén puxo de relevo a dedicación de todos os socios por fomentar a construción con madeira local e certificada, a través de novas iniciativas como o proxecto LIFE Wood for Future e o proxecto Reverte: Bioeconomía forestal e manejos de auga como revulsivo para a reactivación das comarcas do nordés de Granada.
En resumo, a reunión de socios do proxecto LIFE EcoTimberCell reflectiu un sólido compromiso coa continuación dos obxectivos e resultados do proxecto, así como un enfoque proactivo na promoción de prácticas sostibles na industria da madeira para construción.